Resumo da xornada sobre "Protección e seguridade da Información para despachos profesionais"

O día 21 de abril, no Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), tivo lugar a xornada “Protección e seguridade da información para despachos profesionais”, na cal LOPDAT tivo o pracer de formar parte.

Esta actividade organizada pola empresa Kumobe, pretendeu afondar no coñecemento da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal (LOPD) e a súa relación co ámbito das novas tecnoloxías, así como adquirir os coñecementos necesarios para o correcto cumprimento da normativa existente en relación con este tema.

Durante a sesión, presentáronse diferentes solucións existentes para a protección e a seguridade no tratamento de datos dos clientes dos despachos profesionais, mecanismos de recuperación da información ante algún tipo de incidente e casos de éxito.

A primeira exposición da xornada, estivo impartida por Raquel García de LOPDAT, quen fixou os principais puntos fortes sobre “Cómo afecta a LOPD aos despachos profesionais” e abrindo así, a primeira edición da xornada.

A segunda ponencia de Pedro Prestel tivo que ser aprazada pola súa ausencia, polo que o peche da xornada tivo que adiantarse.

Miguel Ángel Farmawi tivo que anticipar a súa exposición, na cal deu a coñecer as Solucións Bebackup & Bebox que presta a súa empresa Kumobe. Estes servizos permiten realizar unha copia de seguridade en contorno cloud e ademáis, eliminar investimentos en hardware, software, mantementos, así como recursos de persoal; adaptándose a cada infraestructura do negocio.

A xestora Ana Belén Andrade, da xestoría Marta Andrade, comezou coas demostracións de casos de éxito da solución da copia de seguridade, así como os beneficios máis rentables que xenera. Seguidamente e dando lugar ao peche desta primeira edición da xornada, Daniel Castillo de Keyfis, explicou o caso de éxito da solución documental.

Lopdat quere agradecer aos profesionais desta iniciativa (Kumobe) na cal se compartiron coñecementos tan cruciais para os despachos profesionais, e na cal se afianzou un obxetivo único que é ofrecer solucións globais a calquera tipo de organización.