Lopdat estará presente na xornada "Protección e Seguridade da Información para despachos profesionais" do Centro Demostrador TIC

Lopdat estará presente na xornada sobre "Protección e Seguridade da Información para despachos profesionais" que terá lugar no Centro Demostrador TIC Galicia o día 21 de abril

Esta xornada está dirixida a aquelas persoas que adiquen a súa actividade empresarial aos eidos especializados na sociedade da información, dos servizos xurídicos, da economía, da enxeñería e aquelas todas empresas relacionadas coas TIC. Nela, afondarase, xunto cos participantes desta xornada, no coñecemento da LOPD e a súa relación co ámbito das novas tecnoloxías, así como procurar a adquisición dos coñecementos necesarios para o correcto cumprimento da normativa existente en relación coa protección de datos de carácter persoal.

Ademáis, presentarase distintas solucións existentes para a protección e a seguridade no tratamento dos datos dos clientes dos despachos profesionais.

Lopdat impartirá o tema específico de cómo afecta a LOPD aos despachos profesionais

Esta xornada está organizada por Kumobe, empresa especializada en solucións do Backup e Recovery. De entre elas cómpre destacar Bebackup, solución de copia de seguridade en contorno cloud.

Queres asistir á xornada?. Coñece a súa programación

21/04/2015 de 09.00 a 14.00h

09.00 - 09.15 | Benvida e recepción dos asistentes

09.15 - 09.45 | Inauguración da xornada

09.45 - 10.15 | Como afecta a LOPD aos despachos profesionais, a cargo de LOPDAT

10.15 - 10.45 | Comunicacións seguras, a cargo de Eurocloud

10.45 - 11.15 | Solucións Bebackup & Bebox, a cargo da empresa Kumobe

11.15 - 11.30 | Casos de éxito da solución de copia de seguridade

11.30 - 11.45 | Casos de éxito da solución documental

11.45 - 12.00 | Peche da xornada

12.00 | Café e networking

Inscrición e máis información en www.cdtic.xunta.es